Política de privacidad

1. Responsable do tratamento

En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (RGPD), e na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase de que:

  • Responsable do tratamento: Asociación Cultural Donaire (AC Donaire)
  • NIF: G15767718
  • Enderezo: Rúa Rúa Torres Quevedo 8. 15008 A Coruña
  • Correo electrónico: info@donaire.gal

A Asociación Cultural Donaire é responsable do tratamento dos datos persoais facilitados polas persoas usuarias, socias ou participantes nas actividades da entidade.

2. Finalidade do tratamento dos datos

Os datos persoais recollidos pola Asociación Cultural Donaire utilízanse unicamente para as seguintes finalidades:

  • Xestionar a relación coas persoas socias da asociación.
  • Organizar e xestionar cursos, talleres, actividades culturais e eventos promovidos pola asociación.
  • Tramitar inscricións e participación nas actividades organizadas.
  • Realizar comunicacións relacionadas coa actividade da asociación.
  • Xestionar aspectos administrativos, contables e organizativos propios do funcionamento da entidade.

Os datos solicitados serán os estritamente necesarios para o desenvolvemento destas finalidades.

3. Lexitimación para o tratamento

A base legal para o tratamento dos datos persoais é:

  • O consentimento da persoa interesada ao facilitar os seus datos.
  • A relación asociativa ou participación voluntaria nas actividades organizadas pola entidade.

4. Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e, en todo caso, mentres exista relación coa asociación ou mentres non se solicite a súa supresión.

Posteriormente poderán conservarse durante os prazos legalmente establecidos para o cumprimento de obrigas legais.

5. Comunicación de datos a terceiros

A Asociación Cultural Donaire non cederá nin comunicará os datos persoais a terceiros, salvo nos casos nos que exista unha obriga legal.

Os datos utilizaranse exclusivamente para a xestión interna das actividades da asociación.

6. Dereitos das persoas interesadas

As persoas titulares dos datos teñen dereito a:

  • Acceder aos seus datos persoais.
  • Solicitar a rectificación de datos inexactos.
  • Solicitar a supresión dos seus datos cando xa non sexan necesarios.
  • Solicitar a limitación do tratamento.
  • Opoñerse ao tratamento dos seus datos.
  • Solicitar a portabilidade dos datos cando sexa aplicable.

Para exercer estes dereitos pódese enviar unha solicitude ao correo electrónico da asociación, indicando claramente o dereito que se desexa exercer.

7. Seguridade dos datos

A Asociación Cultural Donaire comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

8. Modificación da política de privacidade

A Asociación Cultural Donaire resérvase o dereito de modificar a presente política de privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou a cambios nas actividades da entidade.