Inscrición
Asóciate
Asociarte a Donaire permite:
Aquí podes atopar a ficha de inscrición e os pasos para formalizala.
Tamén podes asociarte sen necesidade de asistir a actividades.
Procedemento de inscrición
Correo
Enviar un correo a info@donaire.gal solicitando praza na actividade ou actividades desexadas.
Praza
Donaire contestará ao correo indicando se existen prazas dispoñibles e informando dos pasos a seguir para reservalas.
Ficha e pagamento
Cubrir a ficha de inscrición e realizar o pagamento da matrícula e da primeira mensualidade na conta ES03 0049 7692 1824 1000 8388 (Banco Santander).
Confirmación
Enviar a info@donaire.gal a ficha cuberta e o xustificante de pagamento da matrícula e da primeira mensualidade. Donaire responderá confirmando a praza.
Cotas e prezos
|
Matrícula |
11€ no momento da primeira inscrición |
|---|---|
|
Cota anual |
22€ |
|
Actividade |
Actividade única |
Actividade múltiple |
|---|---|---|
|
Baile, pandeireta, gaita percusión, pandeiro |
13€ / mes |
11€ / mes |
|
Acordeón |
26€ / mes |
23€ / mes |
*En setembro, as cotas abóanse ao 50%.
Calendario e altas/baixas
As actividades realízanse do 16 de setembro ata finais de agosto, con medio mes de descanso ao comezo de setembro.
Para darse de alta ou baixa nalgunha actividade, deberá indicarse polos seguintes medios no mes previo á esta.
- Na páxina web (Inscrición > Modificación)
- Por correo electrónico
- Na oficina, en horario de atención ao público
