Escola
Horarios e grupos
Para aprender a calquera idade
A escola é o motor de Donaire: un espazo de aprendizaxe, convivencia e creación onde cada alumno atopa o seu lugar na tradición.
Baile
Ensínanse os pasos e estruturas do baile tradicional galego, desde a iniciación ata niveis avanzados, sempre respectando as variantes propias de cada comarca.
Pandeireta
Aprendizaxe da técnica tradicional, repertorio vocal e rítmico, interpretación individual e en grupo.
Pandeiro
Formación na técnica e usos deste instrumento tradicional, complementando o traballo vocal e percutivo.
Percusión
Tamboril, bombos e instrumentos de acompañamento que conforman a base rítmica das nosas pezas.
Gaita
Formación musical en gaita galega, técnicas interpretativas e repertorio tradicional.
Acordeón
Clases de iniciación e perfeccionamento dun instrumento presente en moitas tradicións musicais galegas.
Clases
A preinscrición permanece aberta todo o ano e pódese solicitar información ou visitar a escola durante o horario lectivo.
Recomendamos escribir ou chamar para poder atopar o mellor encaixe.
Curso escolar
Calendario curso 25/26
Na escola de Donaire seguimos o calendario escolar para as nosas clases, engadindo os meses de xullo e agosto no que continuamos as clases con normalidade, adaptando horarios para as clases de nenos e nenas. A primeira quincena do mes de setembro é de vacacións.
No curso 25/26 teremos os seguintes festivos e vacacións:
Primeiro trimestre, 2025:
- Sábado 1 de novembro – Festivo estatal.
- Do sábado 6 ao luns 8 de decembro – Festivos estatais, ponte da Constitución.
- Vacacións de Nadal: Do luns 22 de decembro ao mércores 7 de xaneiro (ambos inclusive).
Segundo trimestre, 2026:
- Luns 16 e martes 17 de febreiro – Entroido
- Mércores 18 de febreiro – Mércores de Cinza (só haberá clases de adult@s pola tarde).
- Xoves 19 de marzo – Festivo autonómico
- Semana Santa: Do luns 30 de marzo ao domingo 5 de abril (ambos inclusive).
Terceiro trimestre, 2026:
- Venres 1 de maio – Festivo estatal.
- Martes 23 e mércores 24 de xuño – San Xoán (Festivo local).
Ademais non haberá clase os seguintes días por actividades da asociación:
- Festival “O berce de Donaire”.
- Foliada en Eirís.
- Dálle Donaire.
Curso de verán
Adaptación da actividade segundo festivais, eventos e necesidades da escola. Publicarase nos vindeiros meses.
