Mercado de calzado tradicional de 2° man
Dende a asociación estamos a organizar un mercado de calzado tradicional de 2ª man, unha iniciativa con tres obxectivos principais:
- Axudar ás familias que necesitan renovar o seu calzado.
- Dar unha nova vida o calzado a través da reutilización e o consumo responsable.
Se tedes calzado tradicional que quedou pequeno ou que xa non utilizades, podedes traelo á asociación para que outras persoas lles dean unha segunda vida.
Como participar?
- Entregade a calzado ata o xoves 22 de xaneiro, en horario de oficina: Luns a venres: 15:15–22:00 h
- Traédeas en bolsas pechadas, co voso nome escrito na bolsa.
- Un equipo experto valorará o calzado para a súa taxación.
- Contactarémosvos para confirmar o prezo antes de poñela á venda.
Cando será o mercado?
Sábado 24 de xaneiro
De 11:00 a 13:30 h
Contamos convosco para facer desta unha iniciativa útil, sostible e solidaria!
Se tedes calquera dúbida, escribídenos ou achegádevos á asociación.
